Team GNU/Linux Galicia
Convocatoria de 2008
De novo para o ano 2008 confírmase a participación de GALPon. Este ano innovamos cunha extensión: Software Freedom Night !!!
Máis información na Web de GALPon
Convocatoria de 2007
Confírmase a participación de GALPon neste evento galego
. Outros grupos de Software Libre serán benvidos.
GALPon celebra o día do Software Libre o 15 de Setembro de 2007 invitando a todos aqueles socios e non socios a unha churrascada.
O evento comezará ás 13:00h do sábado 15 de Setembro no parque forestal de Beade, en Vigo.
- O parque de Beade atópase ao Norte do Campus Universitario de Vigo (en Lagoas - Marcosende), tamén chamado CUVI.
- NOTA: En caso de mal tempo buscarase un restaurante (hai un restaurante grande abondo no propio parque).
- O menú constará de churrasco, pan, viño, cerveza e refrescos.
- O prezo: gratuito para os socios de GALPon (ao corrente no pago das cotas) e 5 euros / persoa para os demais invitados.
- Ante todo, necesitamos coñecer o volume de xente que vai participar, polo que é importante que vos apuntedes ANTES DO SÁBADO na seguinte lista:
http://www.galpon.org/wiki/index.php/Software_Freedom_Day_2007
Galería de fotos do evento 2007
Convocatoria de 2006
GALPon realiza a primeira edición do Software Freedom Day en Vigo...